0
A portavoz nacional, Ana Pontón, empezou o primeiro día de campaña cun acto con candidatos e candidatas dos catorce concellos que integran a área metropolitana de Vigo, este venres paralizada pola confrontación entre PP e PSOE, facendo perder oportunidades a unha entidade urbana que suma preto de 540.000 habitantes. Pontón reclamou o desbloqueo desta área e acusou ao PP e ao PSOE de antepoñer “os seus intereses partidistas” por riba das “oportunidades de progreso e de futuro” que este instrumento ofrece para Vigo e a súa área metropolitana, enfatizou, enfrontamentos partidistas “que pagan a cidadanía e todos e cada un dos concellos”.