A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou Vigo, onde mantivo un encontro con colectivos ecoloxistas e medioambientais acompañada polo candidato á Alcaldía da cidade, Xabier Pérez Igrexas, destacou as propostas en materia de sustentabilidade e preservación do territorio que o Bloque ten previstas para a cidade olívica. «Hai un debate sobre como abrir Vigo ao mar e no BNG témolo claro, hai unha urxencia en Vigo e temos que preservar a xoia da coroa«, indicou con respecto da Ría de Vigo.
Empezando pola recuperación integra da Ría, dotar á cidade dun correcto sistema de depuración porque «non é razoable que, aínda hoxe, se incumpra a directiva europea da auga. Vigo precisa un sistema de depuración propio do século XXI», destacou, recalcando os miles de postos de traballos directos a indirectos que se xerarán ao ter unha Ría que actúe como fonte de riqueza e de creación de emprego.