Pontón cita a importante mellora na mobilidade de Vigo grazas o acordo do BNG

1 minutes read

A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou en Vigo xunto ao deputado Néstor Rego e o portavoz municipal Xabier P. Igrexas os beneficios do acordo de investidura do BNG para a cidade que, segundo salientou, vai mellorar a súa mobilidade grazas a importantes actuacións en materia de infraestruturas.

Pontón destacou en primeiro termo os novos descontos na AP-9, unha rebaixa nas peaxes que considerou especialmente importante nun contexto de crise de prezos para a economía de miles de persoas que empregan a diario esta autoestrada.

A isto sumou a posta en marcha dun servizo ferroviario de proximidade en Galiza que dá prioridade ao tramo Vigo-Pontevedra e que estará en marcha antes de finalizar a lexislatura, así como a mellora das conexións con Portugal a través da saída Sur por tren ou o impulso do Corredor Atlántico, actuacións todas elas que demostran a política útil que practica o Bloque.   

Logo dunha reunión na que participaron representantes do tecido social da cidade, Pontón amosou o seu orgullo ante un acordo que impulsa a axenda galega no Estado e mellora a vida dos galegos e as galegas. Segundo recalcou, o pacto acadado polo BNG demostra a importancia de contar cunha forza política propia que antepoña os intereses dos galegos e das galegas e non dependa do centralismo. “Galiza gaña e Vigo gaña con este acordo”, asegurou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?