Pontón exixe compromisos para garantir a conexión de alta velocidade Vigo-Porto en 2030 

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou á conexión de alta velocidade por tren entre Vigo e Porto para 2030 como «unha das prioridades que deben marcarse na cimeira ibérica» que celebrarán o venres os Gobernos español e portugués en Viana do Castelo, unha infraestrutura que considerou estratéxica para o desenvolvemento económico de Galiza.   

Pontón afirmou que «é o momento de que desa cimeira saia un impulso ás conexións entre Galiza e Portugal por tren e ten que haber un acordo para que a saída sur de Vigo sexa unha realidade no ano 2030», data para a que o Executivo portugués fixa a súa propia conexión de alta velocidade Lisboa-Porto coa cidade olívica.