A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advirte ao presidente da Xunta que Galicia non está para improvisacións tras tres meses de confinamento pola crise da COVID19.
Pontón fixo un chamamento a todas as persoas que queren un cambio real para que o fagan posible mediante unha gran mobilización nas urnas o 12X arredor do BNG: “é urxente conseguir un cambio galego que permita facer avanzar e darlle un futuro á maioría social que quere vivir e traballar na súa terra, e se todas as persoas fartas de ver como co PP Galicia vai a menos nos mobilizamos, o cambio galego será imparable”.
A candidata á Presidencia cualificou de “excepcional” a próxima cita coas urnas e reiterou o chamamento á mobilización: “imos amargarlle a noite electoral a Feijóo e abrir un tempo novo en Galicia”.