0
A portavoz nacional, Ana Pontón, asistiu en Vigo á presentación das candidaturas do BNG para o Congreso e o Senado pola provincia de Pontevedra. Estivo acompañada polo portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, e polas persoas que integran as listas, entre as que se atopa Carme da Silva como número un ao Congreso, seguida do vigués Brais Ruanova como número dous.
“Este 23 de xullo está en xogo que Vigo e que Galiza conten ante o Estado, está en xogo ter unha voz propia que defenda os intereses desta provincia, e está en xogo que se poña sobre a mesa o que precisa Vigo para ter un futuro mellor” declarou a líder nacionalista. Para conseguilo, Pontón manifestou que “a alternativa ao de sempre é o BNG”.