Pontón liga o cambio en Galicia a ‘unir no BNG’ todo o voto progresista

1 minutes read
  • A portavoz nacionalista lembrou que as enquisas avanzan unha caída na intención de voto do Partido Popular.

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou este domingo, a preguntas dos xornalistas, desde a marcha en solidariedade con Palestina que no BNG están preparados e preparadas para liderar o Goberno do cambio.

Pontón cualificou os próximos comicios galegos como «as eleccións máis importantes nestas últimas décadas». Neste sentido, destacou a «posición forte que ten o Bloque neste momento”, na súa condición de primeira forza da oposición.

A dirixente nacionalista sinalou que o «o cambio pasa por unir no BNG a todas as persoas que queren que neste país se produza un cambio de Goberno”. Nesta liña, faise eco do temor de moitos analistas a que unha dispersión do voto no espazo da esquerda poida favorecer a continuidade do PP na Xunta.

A candidata do BNG á Presidencia do Goberno galego explicou que a formación nacionalista está traballando «con toda a seriedade e con todo o rigor» desde o dobre convicción de que o cambio é posíbel e «de que seremos capaces de pór en marcha a Galiza que queremos e soñamos», concluíu, en canto se convoquen as eleccións.