A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e o candidato ao Congreso, Néstor Rego, ofreceron este venres un mitin no mercado carballés. Os candidatos ao Congreso pola comarca, Xosé Antonio Andrade e Belén Lendoiro e o candidato ao Senado, Xesús Gómez Antelo, tamén interviron ante un cento de persoas concentradas para a ocasión.
Rego defendeu o seu traballo no Parlamento afirmando que “máis de1.500 propostas referidas a Galiza demostran que un só deputado é máis útil para o noso país que unha vintena que dependen do que se decida nas súas sedes de Génova ou Ferraz”.
Pola súa banda, Pontón, animou a votar BNG en Carballo, igual que nas pasadas eleccións municipais, “para ter un grupo galego forte no Congreso, capaz de defender os intereses do país e de frear a alianza do PP coa extrema dereita antigalega”.