Pontón pide a comparecencia de Feijóo para explicar as medidas fronte a Covid-19

Foto.- bng.

A líder do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, expresou que a declaración este domingo do novo estado de alarma “deixa en evidencia que era posible” unha forma de xestionar “máis descentralizada”, posto que esta vez serán os presidentes de cada terrtitorio as autoridades delegadas para abrir ou pechar medidas extraordinarias. Dada a situación, Pontón, como líder da oposición galega, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que compareza “de maneira urxente” no Parlamento de Galicia “nun pleno monográfico” para informar as medidas que adoptará ante a segunda onda da pandemia. “O Parlamento debe achegar e colaborar para facer fronte a un virus que ameaza as nosas vidas e a nosa economía”, engadiu Pontón.