Pontón pide a Rueda transparencia con Povisa e que a saúde non estea supeditada ao negocio privado

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, traslada a súa preocupación polos últimos movementos no Hospital Povisa adoptados polos actuais propietarios, o xigante da sanidade privada en Francia Vivalvo Santé, e demanda ao goberno de Rueda «transparencia sobre o último contrato millonario da Xunta con este hospital privado que o PP esconde ao Parlamento pese ás reiteradas peticións do Bloque e pese a ser o centro de referencia para 120.000 persoas na área sanitaria de Vigo».

«Queremos amosar a nosa preocupación ante as novas informacións que rodean a Povisa e denunciar que estas son as consecuencias da privatización da sanidade», subliñou Pontón desde Tui, onde participa nunha interparlamentar do BNG para abordar a situación do espazo transfronteirizo do río Miño. «Non pode ser que unha parte moi importante da saúde dos galegos e das galegas este condicionada polos intereses económicos de fondos de investimento que o único que buscan é maximizar o seu beneficio», alegou.

Related posts

AFAGA entrega os premios do seu XI Certame Literario de Relato Curto ‘Nun Recuncho da Memoria’ 2025

O envorco dun coche en Cerceda deixou unha persoa falecida | Tamén falece outra que caeu por un terraplén na Veiga

Un autobús atropelou a catro persoas cando manobraba nas proximidades dunha discoteca en Pontecesures