Pontón pide ‘que se vote co corazón para ter un grupo galego forte en Madrid’

1 minutes read

A portavoz nacional, Ana Pontón, asistiu á presentación das candidaturas do BNG para o Congreso dos Deputados e o Senado pola provincia de A Coruña. No acto estivo acompañada polo número un na candidatura do BNG ao Congreso, Néstor Rego; pola número dous da mesma candidatura, Rosana Pérez; e polo portavoz municipal, Francisco Jorquera, entre outros.

“Este 23 de xullo está en xogo que A Coruña e que Galiza conten ante o Estado, está en xogo ter unha voz propia que defenda os intereses desta provincia, e está en xogo que se poña sobre a mesa o que precisa A Coruña para ter un futuro mellor” declarou a líder nacionalista.

Para conseguilo, Pontón declarou que “a alternativa ao de sempre é o BNG: unha garantía para que Galiza conte, de avanzar en dereitos e liberdades”. “Nestas eleccións, unha vez máis, saímos  a por todas, sen poñernos límites e cun obxectivo moi claro: conseguir un grupo galego forte no Congreso, coas mans libres para dar a cara por este País e pola súa xente” indicou.

O cabeza de lista por A Coruña, dixo que “non houbo asunto do interese de Galiza que o BNG non levase ao Congreso”

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?