Pontón presenta o BNG como única garantía de cambio

BNG Pontevedra.

A voceira do BNG, Ana Pontón, estivo este venres en Pontevedra acompañada polo deputado Néstor Rego, o alcalde da cidade, Miguel Ánxo Fenández Lores, e outros membros do partido. No encontro coa prensa  afirmou que o “futuro dos galegos e galegas non se escribe en Madrid e o BNG é a única forza sen ataduras para defender os seus dereitos”. Alí, tamén dixo que o BNG é a única garantía de cambio o 5 de abril e volveu a reiterar a súa aposta pola gratuidade na educación dende os 0 aos 3 anos.

Pontón amosouse convencida de que a sociedade galega quere un cambio. “Existe un gran fartazgo da mala xestión política dun goberno  que pon a sanidade pública contra as cordas, que permite que emigraran 200.000 persoas e que deixa unha Galiza peor e con máis precariedade”, por iso, o 5A é necesario abrir un tempo novo que esperamos sexa liderado polo BNG.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha