Pontón reta a Feijóo a deixar de ir «de ganchete» coas empresas eléctricas

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que o que está pasando co prezo da luz é unha estafa legalizada. Por este motivo, pídelle ao Goberno que tome medidas que baixen a factura e reta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a deixar de ir «do ganchete» das compañías eléctricas e que se poña á beira» dos intereses de Galicia. Pontón reiterou que a factura da luz é unha «estafa» que está «legalizada» a través do Boletín Oficial do Estado, algo que cualificou de «indecente». Unha factura que experimenta máximos históricos que afogan ás familias, persoas autónomas e sectores como hostalaría, gandaría ou alimentación, poñendo ademais en risco a recuperación económica.