Pontón sinala o movemento neofalante como unha esperanza do galego

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou este sábado que o movemento neofalante da lingua propia de Galicia representa unha “oportunidade” para “frear o proceso de desgaleguización” que “se produce na sociedade” e que “empobrece colectivamente” á cidadanía. Así, apuntou á necesidade de “acompañar” e “seguir dando azos” a todas estas persoas neofalantes para que sexan referencia “para moitas outras que teñen que vir atrás”. Neste sentido, subliñou que o empoderamento lingüístico da sociedade galega, e moi especialmente o da mocidade, “é esencial para ter unha lingua viva e con futuro”, polo que animou ao conxunto dos galegos das galegas e en particular á xente nova a que dea o paso e utilice o galego en todos os espazos e en todos os ámbitos da súa vida.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?