Pontón suspende o seu permiso de maternidade e chama a «sumar no BNG»

Executiva do BNG.

  • “Sería revolucionario que por primeira vez este país teña unha muller nacionalista na Presidencia”, proclamou.

Na súa primeira comparecencia tras a baixa por maternidade, Ana Pontón destacou que só a formación nacionalista pode abrir un tempo novo, “porque somos a única forza coas mans libres para levar adiante un proxecto de país, pensado para mellorar a vida da maioría social, a única forza que non ten que mirar para Madrid para pedir permiso, porque temos o centro de decisión en Galiza”.

Tras a reunión extraordinaria da executiva nacional,  Pontón instou a facer unha gran mobilización social, e fixo un chamamento “a sumar no BNG a todas as persoas que queren un cambio real para empezar a construír unha Galiza máis xusta, con oportunidades, con benestar social, con igualdade e na que poder vivir e traballar. Teñen o meu compromiso e de todo o Bloque de que non lles imos fallar”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha