Pontón trasladará a Feijóo medidas no ámbito preventivo, sanitario e económico fronte ao coronavirus

Cedida.

A portavoz nacional do BNG, e candidata á presidencia da Xunta de Galiza Ana Pontón, anuncia que trasladará un paquete de medidas ao goberno galego no “ámbito preventivo, nos servizos sanitarios e de resposta económica e social á grave crise xerada polo coronavirus”. Entre as medidas destaca: “Unha moratoria no pago de hipotecas, iniciativas de apoio a autónomos e axudas extraordinarias como a condonación de recibos de luz e gas aos traballadores e traballadoras afectadas pola perda de emprego”.

As administracións galega e estatal, recalca Pontón, deben arbitrar medidas urxentes ante a preocupación dos traballadores e traballadoras que xa perderon os seus postos de traballo e lembra que a banca “débenos 60.000 M€ que poden ser descontados da moratoria das hipotecas”. A portavoz do BNG pide que non se produzan despedimentos “aproveitando a crise do coranavirus” e lanza unha mensaxe de esperanza para poder superar esta grave crise económica con “forza e a colaboración de todos e todas”.