Os traballadores e traballadoras dos Centros de Saúde de Galicia seguen en pé de loita baixo o lema«Xunt@s por unha primaria digna», celebrando paróns semanais de cinco minutos nos Centros de Saúde as 12 e as 18 horas. As reinvindicacións están convocadas os luns en Ourense e Ferrol, os martes en Lugo, os mércores na Coruña, os xoves en Vigo e Pontevedra e os venres en Santiago. Este mediodía acudimos a darlles o noso apoio deixando mostra gráfica da concentración levada a cabo no Centro de Saúde de Carballo.