O 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que indicaba que acababa de ver unha avioneta arder e caer cara o monte, nunha zona próxima á estrada A-55 en Tui.
Os datos foron transmitidos, rapidamente, aos Bombeiros do Porriño e de Vigo, ao GES da Guarda, á Garda Civil e á Policía Local do Porriño. Tamén se lle comunicou a información á Torre de Control do Aeroporto, ao Servizo Aéreo de Rescate, aos medios forestais, ao 061 e a Protección Civil dos concellos do Porriño e do Rosal.
Minutos despois, os membros de Protección Civil do Porriño contactaron co 112 Galicia para confirmar que deran ca zona e estaban cunha avioneta de aeromodelismo, non tripulada, que ardeu e chegou a estrelarse, sen que houbese que lamentar danos persoais.