‘Portamérica’ abrirá en xuño os concertos do Xacobeo


O festival Portamérica celebrarase, na Azucreira do Concello de Portas, entre o venres 2 e o domingo 4 de xuño coas actuacións de decenas de artistas, entre os que destacan Nathy Peluso, Mikel Erentxun, Lori Meyers, Delaporte, Rojuu, Wos, Rozalén, Baiuca, Coque Malla, Andrés Suárez, Xoel López, Viva Suecia, De Pedro e Amparanoia, entre outros. Así mesmo, desenvolverá unha nova edición da programación gastronómica Showrocking, unha das accións máis identificativas de PortAmérica, coa participación este ano de 40 chefs Estrelas Michelín baixo o comisariado de Pepe Solla.

O festival Portamérica vai dar o arranque aos concertos do Xacobeo 22, especialmente aos máis multitudinarios, despois de que hai dúas semanas comezaran en Lalín cos Cocidos do Camiño, un evento máis específico no que tamén se mesturou música e gastronomía. A partires de aí, máis de 300 artistas actuarán en case cincuenta concellos da nosa comunidade a través de 70 concertos ou certames.