Dous irmáns, veciños de Santa Mariña en Camariñas e profesionais do mar, Richard e Ismael Tajes foron os que localizaron á primeira hora da tarde deste domingo o coche Daewoo Nubira de cor azul nas augas do porto de Laxe co cadáver de Manuel Rodríguez Eiroa de 54 anos, desaparecido fai dez días, no seu interior. Péchase así un círculo que durante estes días montou un amplo dispositivo de busqueda para localizalo, pero sen éxito. Levaba con el roupa nunha mochila e un cargador de móbil, parou nun caixeiro onde retirou 40 euros e ingresou 700 na conta dun fillo, deixando a súa a cero. Desde aquel momento nada máis se soubo del. A súa familia denunciou a desaparición, Manuel acusaba un problema cardíaco e tampouco levara consigo a medicación que estaba tomando. A Garda Civil investiga o suceso en aras de saber todos os datos sobre o ocorrido.
39