No porto de Laxe desenvolveuse este sábado un amplo dispositivo para tratar de localizar o veciño de Baio que falta desde hai dez días. Os esforzos centráronse neste punto porque é o lugar onde situou a Manuel Rodríguez a última posición do GPS do seu móbil.
A media mañá o sonar da Cruz Vermella detectou a presenza dun obxecto de grandes dimensións a uns vintecinco metros do peirao, o que fixo pensar que podería tratarse do coche do desaparecido. Descartárono unha hora máis tarde os mergulladores da Garda Civil. Toca comezar de novo a retomar a busca pola zona.