Porto do Son acolle a presentación solidaria do libro ‘Collendo alento, pechando feridas’

1 minutes read

Trátase dunha obra da polifacética María Jesús Reboredo Calvo. A cita será este venres 7 de xullo ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Porto do Son. O acto contará coa actuación da agrupación musical do Museo Casa de la Troya de Santiago, Troyanos de Compostela. A cita terá unha finalidade solidaria, todo o recaudado da venda do libro irá a beneficio da Asociación Parroquial LOA.

Aínda que naceu en Madrid, María Jesús Reboredo vive en Compostela desde a infancia. Foi alumna do instituto Rosalía, onde cursou todo o bacharelato, e despois fixo a carreira de Maxisterio, a pesar de desexar estudar Belas Artes. Cunha destreza innata para o debuxo, foi aprendendo de forma autodidacta, e con axuda do seu traballo como discípula de López Carballo, novas técnicas pictóricas. Os seus óleos pasaron de ser unha afección caseira a algo máis serio cando se animou a expoñer nos anos setenta. Uns anos despois, en 1985, montou o estudo e as súas clases de pintura.

En canto á súa faceta como escritoria, María Jesús Reboredo publicou nos últimos anos un estudo sobre o traxe tradicional galego, “Lévote non corazón”; un relato da súa estancia en Calcuta como voluntaria, “O meu testemuño”; un conto para escenificar, “Tres xoguetes con alma”; e o poemario “20 poemas solidarios”, dez en galego e outros tantos en castelán con outros ilustracións propias en acuarela. Todos os fondos recadados coa publicación destas obras doáronse a varias obras benéficas, como a New Light de Calcuta, Cociña Económica, Fundación Andrea e Cáritas Diocesana de Santiago.