Portos contrata as obras da nova cuberta da lonxa de Portocubelo, en Carnota

Portos de Galicia, ente público adscrito á Consellería do Mar, asinou o contrato para as obras de renovación da cuberta do edificio da lonxa de Portocubelo, no municipio coruñés de Carnota. O ente público investirá 190.000 euros nesta actuación.

Segundo figura no contrato asinado, os traballos teñen un prazo de execución de 4 meses desde a sinatura da acta de inicio e permitirán recuperar a impermeabilidade do edificio sen interromper o seu normal funcionamento. Para este fin, dotarase ao edificio dunha nova cuberta de lámina impermeable.

Esta actuación permitirá evitar as filtracións de auga así como os conseguintes danos e oxidación. Esta solución técnica garante un anclaxe específica para as placas solares das que dispón o edificio de modo que se mantén a súa actividade. Ademais, as obras permitirán manter a imaxe orixinal do conxunto do edificio e continuar coa súa actividade de xeito ininterrompido durante a súa execución.

Portos de Galicia prevê que os traballos poidan estar rematados antes de final de ano e com esta obra mellorará as condicións de traballos dos professionais que operan na lonxa de Portucubelo e dá resposta a unha demanda reiterada pola Confraría de Pescadores de Lira.

Related posts

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño

O Concello da Laracha mellorará a eficiencia enerxética do Centro Sociocultural da Insua de Caión