Portos de Galicia avalía as necesidades portuarias do Pindo co Concello de Carnota

0 minutes read

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuniuse este luns co alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, co obxectivo de avaliar as necesidades portuarias da parroquia carnotá do Pindo. Na xuntanza o rexedor manifestou o interese do Concello en contar cun pantalán no peirao do Pindo, unha solicitude que, tal e como lle expuxo a presidenta do ente público, será estudada para valorar a súa viabilidade dentro do proxecto que Portos de Galicia ten previsto realizar e desenvolver para a mellora de abrigo e do pantalán para embarcacións menores no Pindo.