A estudo a mellora dos servizos portuarios de Ares


A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, recibiu ao alcalde de Ares, Julio Iglesias, nunha reunión de traballo solicitada polo Concello que tivo lugar na sede do ente público. Durante o encontro, ambos revisaron as necesidades portuarias da localidade. En base ás prioridades sinaladas por ambas partes, a presidenta de Portos de Galicia adquiriu o compromiso de que os servizos técnicos do ente público estudarán a viabilidade da proposta de mellora dos servizos portuarios que presente o Concello. En base a esta análise de viabilidade, tanto técnica, como económica, acordaranse as liñas de actuación posibles.