Portos inicia obras de mellora na lonxa de Malpica


A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou as obras de mellora do edificio da lonxa de Malpica, no que o ente público está a executar traballos de mellora. Neste caso, trátase dun investimento de 30.000 euros co obxecto de acondicionar as oficinas da lonxa de xeito que queden illadas dos locais administrativos da confraría e se habiliten entradas independentes. Esta obra atópase en marcha desde esta mesma semana e conta cun prazo previsto de execución de dous meses.