Portos lembra aos promotores de eventos que se deben planificar segundo a orde vixente

Foto de arquivo

Tras a polémica xurdida en Muxía, Portos de Galicia fai un chamamento aos promotores de eventos e celebracións en terreos portuarios para que planifiquen en tempo e forma a súa tramitación adaptándose aos requisitos establecidos na orde reguladora destes permisos aprobada pola presidenta do ente público, Susana Lenguas, en maio de 2020. Este documento, que ten como principal obxectivo garantir a seguridade das persoas e compatibilizar todos os usos dos terreos portuarios, integrando os usos recreativos sen prexuízo para a normal operativa portuaria, está dispoñible na páxina web de Portos de Galicia, no apartado ‘Información útil’, co que tamén se pode tramitar o permiso en liña.

A normativa clarifica a tipoloxía de eventos autorizados nas distintas zonas de solo de cada peirao para facilitar a súa organización e celebración. Con esta fin, zonifica o solo portuario segundo a súa actividade clasificándoo cun código de cores que representa o nivel de actividade allea á portuaria que pode acoller cada zona. Así mesmo relaciona expresamente aqueles eventos que poden realizarse en cada unha destas zonas, permitindo unha maior planificación e garantías para os solicitantes e promotores de eventos. Finalmente reserva espazos sen actividades de ocio público por motivos de seguridade ou respecto á operatividade do sector profesional.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha