Portos outorgou á Confraría de Pescadores de Camariñas unha concesión para a explotación do edificio da lonxa

A concesión para a explotación do edificio da lonxa, situado en dominio público portuario, contempla a continuidade da actividade por 10 anos, con posibilidade de prórroga por outros cinco. O título administrativo outorgado á Confraría de Pescadores de Camariñas contempla a aplicación do artigo 40 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. En base a el contempla unha bonificación do 90% das taxas por ocupación de dominio público por construción ou explotación de edificios para actividade de lonxa. Deste xeito, a Confraría de Pescadores de Camariñas abonará só o 10% das taxas por uso privativo dunha infraestrutura de dominio público portuario, co que abonará preto de 500 euros ao ano polo uso pola ocupación dunha nave de máis de 800 metros cadrados.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte