Portos solicita ao Goberno central informe para licitar as obras da dársena de Muros

1 minutes read

Portos de Galicia vén de remitir á Dirección xeral da Costa e o Mar, do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a solicitude de informe de compatibilidade coa estratexia mariña en relación ás obras de reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior do porto de Muros. Este informe resulta imprescindible para completar a tramitación ambiental da obra e poder licitar uns traballos que contan cunha partida orzamentaria de 100.000 euros comprometidos para 2024 e 50.000 para 2025.

Portos de Galicia ten prevista a execución en 2024 dos traballos que consisten na reconstrución dun tramo de peirao de 18 metros de lonxitude. Esta zona do peirao presenta unha situación problemática de estabilidade polo que se demolerá o tramo afectado ata a súa cimentación. O proxecto de Portos de Galicia inclúe tamén a reposición de todos os elementos e servizos afectados durante a execución do novo tramo de peirao.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?