Portugal amplía as restricións no seu «estado de continxencia»

Portugal suma de media 700 positivos novos cada día por coronavirus, polo que está a punto de chegar aos índices que tiña no confinamento. Deste xeito amplíanse as restricións dentro do que eles chaman o seu «estado de continxencia». O estado de continxencia portugués non é como o estado de alarma español, non é un estado de excepción, pero si un protocolo que garante a protección civil dun xeito máis áxil. Amplíano ata o 14 de outubro, e iso significa que seguirán sen permitirse as xuntanzas de máis de 10 persoas, 4 nunha mesa de restaurante dun centro comercial, os comercios non poden abrir antes das 10 e prohíbese a venda de bebidas alcólicas máis alá das 8 da tarde agás nos restaurantes cando se cee. A máscara segue sen ser obrigatoria na rúa, só unha recomendación en zonas moi transitadas. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha