Portugal anula a petición de pedir test negativo para entrar no país


Portugal flexibiliza o acceso por terra para os cidadáns europeos, pero advirte de que impoñerá controis aleatorios para asegurar que se cumpre a normativa. Os cidadáns da Unión Europea que cheguen a Portugal pola súa fronteira terrestre con España poderán ingresar no país co certificado dixital de vacinación, sen que sexa obrigatorio, ademais, un test negativo, así o anunciou este martes o Goberno. Pola contra, os cidadáns que non pertenzan a países da UE ou proveñan de países de risco alto, vermello ou vermello escuro no mapa do Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades, deben presentar, ademais do certificado de vacinación, unha PCR negativa realizada nas últimas 72 horas ou un test rápido de antíxeno negativo certificado por un laboratorio nas últimas 48 horas.