32
- A presidencia do consello europeo rota en quendas de 6 meses e o seguinte país será Eslovenia.
Portugal colle a substitución de Alemaña co obxectivo de fomentar unha recuperación europea que Von der Leyen resumiu en tres palabras: “A Presidencia Alemá fixo un gran traballo. E por iso o lema da nosa presidencia é que agora é o momento de actuar para unha recuperación xusta, verde e dixital”. “Europa trátase de persoas, Europa trátase dos traballadores e as pequenas empresas, trátase de oportunidades para que os mozos atopen emprego, as novas xeracións necesitan perspectivas. Trátase da solidariedade en tempos de crises, e por tanto, acollo con gran satisfacción os plans da presidencia portuguesa e o seu compromiso de fortalecer a nosa economía social de mercado europea”, explicaba a presidenta da Comisión.