36
A segunda onda da epidemia por coronavirus en Portugal xa é máis grave que a primeira, con máis contaxiados e máis falecidos, así o recoñece o Goberno luso. O Consello de Ministros portugués aumentou de 121 a 191 os concellos coas medidas máis duras da pandemia, como o toque de queda. Os novos municipios entrarán o próximo luns nesa lista, así que esta fin de semana en 121 concellos en que viven 7 millóns de habitantes só poderán saír da casa de oito da mañá a unha tarde. Catro son os municipios en vermello que lindan con Galicia: Caminha, Cerveira, Chaves e Valença do Minho. As fronteiras non estarán pechadas, pero os galegos deben respectar ese toque de queda imposto polo Goberno luso.