Portugal avanza na desescalada


Logo de tres meses pechados, Portugal reabre o interior dos restaurantes cun máximo de 4 persoas por mesa. Elimínase o recollerse de xeito obrigatorio pero o Goberno aconsella que unha vez que pechen bares e restaurantes a poboación vaia para casa. 200.000 alumnos que faltan por facelo, os de bacharelato e ensino superior volveron ás aulas e cines, teatros e centros comerciais abriron tamén as súas portas. O Goberno portugués está sendo moi estrito coas cifras que lles esixe aos concellos para poder desconfinar, non todos poderán pasar a fase tres, hai unha minoria que volve á fase un, é dicir que ten que pechar as terrazas. Trátase dunha desescalada progresiva, que en función da evolución podería ter continuidade o próximo 3 de maio.