Portugal blindarase do 22 de xullo ao 7 de agosto pola visita do Papa

Portugal volverá instaurar o control de documentación nas súas fronteiras entre o 22 de xullo e o 7 de agosto. Trátase dunha medida para reforzar a seguridade do país durante a Xornada Mundial da Xuventude, que terá lugar entre o 1 e o 6 de agosto en Lisboa. Este control relizarase en 21 pasos autorizados ao longo da fronteira terrestre entre España e Portugal. Os concellos veciños agardan atraer sobre un millón de fieis. O papa Francisco visitará Portugal entre o 2 e o 6 de agosto, e ten previsto unha visita a Fátima.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha