Portugal confínase polo menos un mes

Portugal non está para bromas, o primeiro ministro António Costa admitiu que se aplicará un confinamento xeral durante polo menos un mes para frear unha terceira onda da pandemia de coronavirus, que está a ser máis severa que as anteriores no país. Costa sinalou que, ante a «fortísima dinámica de crecemento» que vive a pandemia en Portugal, superando a barreira dos 10.000 contaxios diarios en varias xornadas e 120 mortos ao día, a «única forma» de frear os contaxios é un novo confinamento similar ao que se aplicou durante a primeira onda, aínda que esta vez as escolas manteríanse abertas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha