Portugal convoca eleccións anticipadas para o 30 de xaneiro


O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, convocou eleccións anticipadas para o o 30 de xaneiro de 2022, para saír da crise política aberta co rexeitamento do Orzamento do socialista António Costa. Rebelo de Sousa elixiu esa data ao considerar que a campaña e os debates electorais non deben realizarse durante o período do Nadal. A última vez que os portugueses votaron nunhas lexislativas foi hai dous anos, en 2019, e apoiaron aos socialistas, pero non lles deron maioría absoluta. O xefe do Estado insistiu en que o adianto electoral forma parte da «vida propia da democracia» e considerou que ante a soidade do Goberno do socialista António Costa, en minoría, era o «mellor camiño».