Portugal declara o estado de calamidade


Portugal aumenta o nivel de alerta en todo o seu territorio coa entrada en vigor do estado de calamidade para reducir a un máximo de cinco persoas as reunións na rúa, en restaurantes e en espazos comerciais, ademais doutras restricións. A medida foi anunciada polo primeiro ministro, António Costa, ao termo dunha reunión do Consello de Ministros que aprobou cambios para atallar a escalada de coronavirus que vive o país, que suma seis días consecutivos con máis de 1.000 casos diarios. Tamén se propoñerá a obrigatoriedade de descargar a app de rastrexo do virus, Stayaway Covid, en contexto laboral, escolar e académico, nas forzas armadas e forzas de seguridade e na Administración pública.