Portugal destina 900 M€ á liña de alta velocidade entre Galicia e Oporto


A primeira fase executarase dende Valença ata Braga, onde primeiro se fará realidade esta vella reclamación, cunha redución de 45 minutos. Ademais desde o país veciño tamén anunciaron que a liña de alta velocidade continuará ata a capital. Iso significa que cun transbordo na mesma estación poderemos facer Vigo-Lisboa en 2 horas e media aproximadamente. Na parte galega estanse acomentendo tamén modificacións. Trátase da mellora da electrificación das liñas que están xa practicamente rematadas.