Portugal estará confinado desde o día 4 de novembro


O Goberno portugués pide o confinamento domiciliario voluntario nos concellos con risco elevado de contaxio de coronavirus desde o próximo 4 de novembro. A medida alcanza ao 70 por cento da súa poboación e establece que só se pode saír da casa para actividades imprescindibles como traballar, ir ao colexio ou comprar. Non pecha o comercio nin a hostalería. Será obrigatorio o teletraballo sempre que se poida.

Así o decidiu o executivo de António Costa nun consello de ministros extraordinario e aplícase en todos os concellos cunha incidencia superior aos 240 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días, situación en que están 121 localidades portuguesas con 7,1 millóns de cidadáns. Entre elas Lisboa e Porto.