Portugal intenta atallar a convocatoria de folga de transportistas

Outra folga que tamén pode afectarlles ós viaxeiros é a convocada polos transportistas de mercadorías perigosas, que comezará o luns. O primeiro ministro, Antònio Costa, decretou a emerxencia enerxética e convocou este sábado un gabinete de crise pra abordar o conflito.
É o segundo paro en catro meses polo enfrontamento que manteñen a patronal e mailos transportistas. A folga de abril deixou estacións de servizo pechadas, avións repostando en España e problemas no transporte público. Ante o temor a que se repita, os condutores están protagonizando xa longas ringleiras nas gasolineiras, especialmente nas do norte e no Algarve, pra enche-los depósitos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha