O centro e o norte de Portugal seguen en chamas desde hai varios días. O país foi declarado en «estado de continxencia» polo goberno debido ás abrasadoras temperaturas. Activouse o Mecanismo Europeo de Protección Civil, segundo anunciou o Executivo comunitario, e a Comisión Europea mobilizou dous avións españois para loitar contra os incendios. A loita contra o lume faise difícil debido ás altísimas temperaturas, o forte vento, a baixísima humidade relativa e un cuarto elemento que dificulta aínda máis este escenario: a forte seca. A páxina web de Protección Civil actualízase constantemente. En total, hai uns 2.000 bombeiros sobre o terreo. Portugal estará, entre o 11 e o 15 de xullo, en estado de continxencia, para facer fronte ao aumento do risco de incendio. Todo o territorio peninsular estará, pois, en alerta vermella.
37