37
Logo de tres semanas de confinamento xeral, en Portugal houbo estes últimos días unha baixada nunca vista do número de contaxiados diarios e baixa tamén o número de falecidos. En 8 días pasouse de 12.500 positivos aos 3.500 deste luns. O Goberno atribúello ao peche de comercios e hostalería, que se manterá nas vindeiras semanas. O número de falecidos igual, 204. A cifra máis baixa nun mes. O reconto de doentes graves nas UCI tamén vai baixando pouco a pouco, pero a situación segue sendo de catástrofe. O que fan para evitar pedir máis axuda exterior e ir repartindo na medida do posible os doentes das zonas máis colapsadas, como Lisboa, ata onde hai camas libres, como Porto e Vila Nova de Gaia.