Os hospitais portugueses están ao bordo do colapso, as UCI teñen unha ocupación de máis do 90% e faltan profesionais sanitarios. Os enfermos que seguen chegando cada día son atendidos nas propias ambulancias. Algúns hospitais están movendo pacientes a outros centros onde aínda quedan camas libres e osíxeno. O novo estado de emerxencia aprobado no Parlamento busca un pouco de alivio para esta situación. Permite contratar sanitarios xubilados ou estranxeiros, pecha as fronteiras e prolonga o confinamento. Tamén pecha os colexios, favorecendo o ensino a través de Internet. Portugal ten nestes momentos preto de 300 mortos diarios e a curva de contaxios segue disparada. Supera os 6.600 ingresos e ten uns 800 pacientes nas UCI. Acumula máis de 11.000 falecidos dende marzo e todo parece indicar que a situación seguirá sendo crítica nas vindeiras semanas.
16