Portugal recibirá axuda española, sempre que sexa posible

1 minutes read

Así llo trasladou o Goberno español ao executivo luso a través da embaixada portuguesa en Madrid. A situación sanitaria é de catástrofe e esta semana en Portugal tamén comezarán a recibir axuda vida de Alemaña e Austria. O exército alemán chegará a Portugal nunha operación de auxilio insólita nestes tempos e que o coronavirus fai realidade como moitas outras cousas. Alemaña achegará 26 médicos, 50 ventiladores e 150 camas para aliviar a presión dos hospitais portugueses. Agora mesmo non hai sanitarios suficientes non é só que falten camas para os doentes. Os médicos e enfermeiras dobran quendas, dormen o mínimo e algo aínda peor: o 70% están ou estiveron contaxiados de coronavirus.