Portugal renova o estado de emerxencia

Portugal leva un mes de hostalería, tendas e escolas pechadas, e un deber de quedar na casa que só é seguido polo 50% da poboación. Este luns no país luso decidiron que quedan prolongadas 15 días máis todas estas restricións, xunto coas da fronteira, pero o horizonte vai máis alá e o Goberno portugués xa anunciou que se continuará así ata despois de Semana Santa polo menos superando así os dous meses e medio de paralización do país. Mentres a situación sanitaria en Portugal segue sendo moi grave aínda que a tendencia é á baixa. Este luns con 90 mortos nas últimas 24 horas vólvese a datos do inicio da terceira onda o que confirma que o pico xa queda atrás. De todas formas 90 mortos é máis do dobre do peor dato da primeira onda.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha