Portugal supera a súa cifra máis alta de contaxios por coronavirus


Portugal sumou este sábado 1.646 contaxios novos, a cifra máis alta que contabiliza o país veciño nun só día desde o inicio da pandemia. Preocupan especialmente os gromos en residencias de anciáns e os que empezan a afectar as universidades. Na de Aveiro, xa detectaron 26 alumnos positivos, 23 deles españois. O Goberno portugués apela á responsabilidade individual e estuda medidas, que poderían incluír a obrigatoriedade das máscaras en espazos públicos.