Pose asume o compromiso de dinamizar o sector turístico de Laxe todo o ano

3 minutes read

O BNG de Laxe mantivo un encontro aberto co sector da hostalaría e comercio, clave na economía e na creación de emprego, para coñecer de primeira man as súas demandas e explicar as propostas do programa de goberno da candidatura que encabeza Xosé Manuel Pose. Na reunión, moi produtiva e cordial, Pose avanzou que como alcalde de Laxe, terá como prioritario poñer en marcha unha intensa programación para dinamizar o sector turístico ao longo de todo o ano.

“Para o BNG é estratéxico apostar polo sector da hostalaría, comercio e do turismo en Laxe temos total compromiso co sector e temos ideas e propostas que funcionan, como xa demostramos desde a concellería de Turismo nos dous anos e medio en que asumimos esa área de goberno. Nese curto espazo de tempo demostramos que no BNG sabemos como axudar á hostalería, e o meu compromiso é volver a facelo, aínda con máis forza, como alcalde”, explicou Pose.

Neste sentido, o candidato do Bloque comprometeuse a retomar programas que tiveron un gran éxito, como ReLáxese, XdePeixe ou as rotas de pinchos, ademais de poñer en marcha outras moitas iniciativas, como roteiros para desfrutar do patrimonio natural e cultural; actividades deportivas ao aire libre de de natureza, programación cultural, entre outras.

“O obxectivo é, indicou, desestacionalizar, dinamizar o sector máis aló do verán e apostar por diversificar con actividades que aporten valor engadido e calidade”, indicou Pose tras o encontro no que tamén participaron as candidatas Cristina Vázquez del Prisco e Emma Paz.

No encontro, o sector trasladou a súa preocupación polo estado de suciedade e desorden do municipio, polos problemas derivados do tráfico e falta de aparcamentos ademais de entregar un documento de reivindicacións e propostas que, segundo informaron, lle trasladaron ao actual goberno do PP pero sen ningún resultado positivo.

Pola súa parte, Pose explicou algunhas das principais propostas do BNG a favor do concello que tamén son esenciais para o sector hostaleiro e turístico. Por exemplo, reforzar o sistema de limpeza con medidas como o baldeo con auga para unha limpeza en profundidade cada tres meses en todo o municipio; desinfección mensual dos contedores de lixo; desbroce e maleza de camiños, beirarrúas, roteiros ou zonas verdes e tamén a reposición da iluminación e mobiliario urbano deteriorado.

Os problemas de circulación e aparcamento foi outra das cuestións que se abordaron, e desde o BNG explicouse o plan de tráfico incluído no programa electoral, con medidas como reordenar o sentido da circulación en moitas rúas do centro, habilitar aparcamentos disuasorios, reservar espazos específicos para as caravanas cos servizos básicos necesarios ou peonalizar a Praza de Ramón Juega.

Pose trasladou que o BNG abrirá unha canle de comunicación directa e permanente co sector para facilitarlle información de todos os eventos organizados polo concello que teñan repercusión na súa actividade como a celebración de campionatos na praia, eventos deportivos, culturais ou calquera outro que supoña un aumento de visitantes.

Outro aspecto importante está na xestión do patrimonio cultural e natural do concello, especialmente a praia urbana, co compromiso de traballar para rebaixar as dunas, garantir a súa limpeza e mantemento todo o ano así como os servizos que lle permitan ter cada ano a bandeira azul. E, prioritario tamén, abordar a separación das pluviais e solucionar o problema de inundacións coa choivas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?