O mozo, de 19 anos de idade, que quedou ferido de gravidade no sinistro, segue ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Deu positivo por consumo de alcol, despois de que o Xulgado de Viveiro que leva o caso autorizara as análises do sangue. As probas toxicolóxicas, de cuxo resultado estaban pendentes os investigadores da Garda Civil de Tráfico que se fixeron cargo do caso, foron realizadas coas mostras de sangue que lle foron extraídas no hospital. Para isto fixo falta a autorización correspondente por parte do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro, que asumiu a causa en funcións de garda. Lembramos que o condutor do vehículo e outro mozo, que quedou ferido leve, foron os únicos sobreviventes do tráxico accidente que conmocionou a comarca da Mariña e, de forma especial, o municipio de Ribadeo, localidade da que eran os falecidos e os dous feridos.
16