Positivo en cocaína o condutor dun bus con 23 nenos

1 minutes read

A Garda Civil localizou o condutor dun autobús escolar que deu positivo en cocaína cando transportaba 23 nenos con idades entre os 3 e os 12 anos no Pereiro de Aguiar, en Ourense. Os axentes están realizando precisamente unha campaña de control deste tipo de transporte, e nun dos dispositivos detectaron «un resultado pouco usual». É dicir, un positivo en consumo de cocaína que despois confirmaron no laboratorio.

O infractor enfróntase, «polo menos», a unha sanción administrativa de mil euros, ademais de quedar sen seis puntos no permiso de conducir. Con todo, o Subsector de Tráfico da Garda Civil destaca que este tipo de conductas son «casos illados e puntuais» e que o transporte escolar «segue sendo a día de hoxe un dos medios de transporte máis seguros». Mesmo así, aseguran desde este organismo que se van realizar controis específicos no ámbito escolar durante todo o curso académico.